|
|
A galega Inés Abril obtén o premio á mellor presentación no Salón Internacional del Club Gourmets |
|
|
| por Vm - 16/04/2008 | | |  | | | | | No centro, a galardoada, Inés Abril, acompañada pola súa axudante de cociña, polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, e polo director do salón, Francisco López CanÃs. | | | |
A chef galega Inés Abril, do restaurante vigués Maruja Limón, obtivo hoxe o premio á Mellor Presentación no XXII Salón Internacional del Club Gourmets, que se desenvolveu hoxe en Madrid. Este salón naceu como o punto de encontro entre fabricantes e consumidores dos produtos alimentarios de alta gama e converteuse no evento de referencia no sector da gastronomía de calidade.
O director xeral de Turismo da Consellaría de Innnovación e Industria, Rubén C. Lois, asistiu ao devandito salón para apoiar á representante galega, do restaurante Maruja Limón de Vigo. A galega representou a Galiza logo de gañar o IX Campionato Galego de Cociñeiros, que se celebrou o 11 de marzo no Centro Superior de Hostalería de Galicia, adscrito a Turgalicia.
|
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|