Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Gastronomía-Alimentación

Inés Abril gaña o IX Campeonato Galego de Cociñeiros

por Vm - 12/03/2008
Inés Abril, ganadora do campeonato.

 

Inés Abril, do Restaurante Maruja Limón  (Vigo) será o representante de Galicia no “XI Campeonato de España de Cocineros 2008” tras obter o primeiro posto no IX Campeonato Galego de Cociñeiros organizado polo Grupo Hostelería Galega e Turismo que se celebrou onte no Centro Superior de Hostelería de Galicia, en Santiago de Compsotela. O segundo posto foi para Carlos Rodal do Restaurante Los Abetos(Nigrán) e o terceiro para Alfonso González Pendás do Restaurante Casa Pendás (Sebes- Narón).

 

Dende as once da maña, hora na que o primer cociñeiro entrou una cociña, e ata as oito da tarde, momento no que o xurado degustou o último prato, o Centro Superior de Hostelería estuvo repleto de nervos. Cada un dos dez cociñeiros seleccionados para participar nesta final entregou diante dos fogóns o mellor de si mesmo para facerse co primeiro posto e poder, así, representar a Galicia no “XI Campeonato de España de Cocineros 2008”, que se celebrará en Madrid dentro do “XXII Salón Internacional del Club Gourmets”,os días 15 e 16 de abril, e optar a participar no “Bocouse d`Or” homologado como campeonato do mundo.

 

Un xurado internacional degustou o longo da tarde un total de vinte pratos, dez de salmón e dez de carne, para decidir quen era o merecedor do primeiro posto.

O nome do gañador do Campeonato, así coma os do segundo e terceiro clasificado, deuse a coñecer no transcurso da cea de clausura, que se celebrou no mesmo Centro Superior de Hostelería de Galicia,  na que estiveron presentes tódolos participantes así coma os membros do xurado e autoridades, entre as que se atopaba Rubén Lois, Director Xeral de Turismo,  entidade patrocinadora do Campeonato, a través de convenio con CEHOSGA e o grupo HG&T, creador e  organizador desde fai máis de tres lustros, dos campeonatos para a promoción das profesións hostaleiras.

Membros do xurado

Os membros do xurado son: Javier González – Grupo Nove- Restaurante A Rexidora, José Luis Iglesias Restaurante Cabanas – membro da Asociación Lareira, Paz Ivison – responsable do Club Gourmets, Cecilio Lera- Restaurante Mesón Del Labrador, Manicha Bermúdez- Restaurante Rotilio, Carmen Parada – Agaxet, André De Quiroga – xornalista Lisboa, Mario Hernández Bueno – crítico gastronómico experto en cociña internacional, Mini Oka – nipo-americana creativa innovadora na fusión do arte e a  cociña, Javier Olleros – subcampeón Campeonato Galego De Cociñeiros 06,  José María Rubio – presidente Federación Española De Hostelería, Juan Silva – presidente Confederación Empresarios De Hostelería De Galicia (Cehosga), Xosé Paz Gestoso: director Centro Superior De Hostelería De Galicia, Guillermo Campos – Grupo Hgt- director Del Certamen, Mª del carmen durán – Restaurante Nixón – membro da Asociación Xantares, Constantino Iglesias – director Centro de Formación Ourense- (Cehosga) e Roberto Walther – xefe do Departamento de Cociña do  CSHG.

Inés Abril, gañadora do campeonato.


 
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 96 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com