Inicio > Turismo > Gastronomía

Feijóo gaba á actriz María Castro pregoeira de festa do Cocido de Lalín María Castro que 'merecería que Cunqueiro e todos os poetas e trobadores das nosas letras, estiveran aquí inspirándose nela'

por redacción GECG - 07/02/2010
 
A pregoeira, María Castro, recibe un cadro de mans do presidente da Xunta. XUNTA.

Señoras e señores. Amigos todos.

A don Álvaro poño por testemuña de que a boa mesa e a beleza poden ir da man.


Ditamina Cunqueiro: “A cociña é unha das máis sutís e profundas invencións do espírito humano, e disfrutar desta invención non é cousa que deba tomarse á lixeira”. Lixeiro lixeiro … non é o Cocido de Lalín, así que parece que hoxe cumpriremos con rectitude o sabio aviso de Cunqueiro.


Pero xunto a este escritor que coa súa palabra fainos saborear os pratos da nosa cociña, está o trobador que canta á fermosura cunha mestría coa que me gustaría contar neste momento. Dinos don Álvaro, que non era de Lalín pero como si o fora, que no niño novo do vento hai unha pomba dourada. Si pensaba en alguén, debía parecerse moito á pregoeira que hoxe abandonou os platós e escenarios para representarse a si mesma, diante desta xente que a quere, e que a quere moito.


Ten que saber María que sufrimos moito véndoa rodeada de xente perversa. Confeso que nalgún momento pensei en utilizar as miñas competencias presidenciais para ordenar o seu rescate, pero axiña dinme conta de que aquel famoso Duque era moi poderoso, e ben podía presentar un recurso.


Tampouco nos sentimos moi tranquilos véndote agora de gran dama nunha inquietante mansión londiniense ideada por Ágatha Christie. Aínda que fas de inglesa, estou certo de que son as túas armas de muller e de galega as que che fan saír con ben de tanta intriga. Polo menos hoxe estás a salvo. Nin Duques nin británicos malvados poden nada contra a xente de Lalín e de Galicia que está aquí congregada para escoitarte.


Estás, querida pregoeira, nese niño novo do vento que cantaba o noso Cunqueiro entre banquete e banquete. A pomba dourada volta á súa terra para demostrarnos que a María real é aínda moito mellor que a que aplaude todo o mundo en Madrid. Gústasnos como Jessi e como Mollie, e como actriz que recibe numerosos premios, pero sobre todo no teu papel de galega que ven de novo a estar cos seus.


Nada teño que discrepar co título que deu nome á serie que che fixo famosa. Sen iso, o paraíso está incompleto. Pero ademais deso, o paraíso auténtico necesita tamén de festas coma esta, necesita de Lalín, do cocido e desta Galicia nosa que fixo da cociña un santuario da irmandade.


Unha muller como María Castro merecería que Cunqueiro e todos os poetas e trobadores das nosas letras, estiveran aquí inspirándose nela. Pero ten que conformarse cun home que non ten esas facultades líricas, aínda que deixe falar ao seu corazón. Facéndose intérprete do que pensamos a inmensa maioría dos galegos. Ese home diche que estamos orgullosos de todo o que fas e de cómo es.

Querida María, aquí dígoche publicamente que contigo en Galicia hai o paraíso.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com