Inicio > Turismo > Gastronomía

O cociñeiro Pedro Larumbe entrevista a 12 antigos alumnos do CSHG este xoves para traballar na Expo de Shangai

por redacción GECG - 03/02/2010

O cociñeiro Pedro Larumbe, Premio Nacional de Gastronomía de 1984, estará este xoves, día 4, no Centro Superior de Hostelería de Galicia para pechar a contratación de 12 antigos alumnos. Este grupo traballará no stand de España na Exposición Universal de Shangai que terá lugar a partir de maio e durante cinco meses en China. O cociñeiro navarro xa colaborou xunto con outras 14 empresas hostaleiras do sector presentando aos antigos alumnos o proxecto do restaurante do pavillón de España na Exposición Universal de Shangai 2010.

As entrevistas empezarán ás 11.30 horas e rematarán ás 14 horas. Pedro Larumbe busca no CSHG a profesionais cualificados para traballar en cociña e en sala, cun bo nivel de inglés e con competencias en xestión de empresas. Os seleccionados deberán atender a 2.000 comensais ao día durante cinco meses, ademais de preparar a loxística deste proxecto, algo máis complicado do normal ao tratarse dun país como China. Aparte tamén se desenvolverán outras actividades gastronómicas como o cabaret gastronómico, actuacións con menú determinado, unha zona polivalente con cócteles, catas... e outra zona para invitados especiais. Hai programados dous días especiais: o Día de España e o Día de Europa e semanas gastronómicas das diferentes comunidades.

Pedro Larumbe foi o seleccionado para xestionar o restaurante do pavillón de España en Shangai. Calcúlase que este ano haberá 70 millóns de visitantes na Exposición Universal e que o pavillón de España sexa visitado por 35.000 persoas ao día. En total, haberá 150 traballadores, dos que os camareiros serán chinos. Haberá un mes de preparación previo no propio stand antes da apertura para que os traballadores chinos se familiaricen cos produtos españois e a facer a comanda.

Pedro Larumbe ofrecerá cociña clásica española adaptada aos tempos de hoxe. Haberá ensaladilla española presentada en copa, albóndigas de pluma de ibérico, tortilla de patacas recén feita....

O Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), está na Barcia, en Santiago de Compostela. Integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A. e vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.400 ex alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de todo o mundo.
 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com