Inicio > Turismo > Gastronomía

Os Diálogos serán o lugar para la reflexión dentro do Fórum Gastronómico Santiago 2010

por redacción GECG - 25/01/2010

O debate e a reflexión sobre a enogastronomía estará presente de novo no Fórum Gastronómico Santiago 2010 a través dos Diálogos nos que xornalistas e prescritores do mundo da gastronomía reflexionarán, xunto a profesionais da cociña e o viño, sobre temas de candente actualidade e interese para o sector. O Auditorio Compostela, con capacidade para 400 persoas, acollerá estas sesións que se desenvolverán diariamente dentro do programa profesional, de luns a mércores, ás 17.45 horas.

Os diálogos arrincan o luns 22 con “Mitos, xenios e cociñeiros: 25 anos de cociña creativa”, centrado na creación culinaria e a súa evolución. O xornalista Eric Roux é o encargado de exercer como moderador nun debate no que participa o xenial Ferran Adrià xunto a Jacques Maximin, modelo e referente de cociña creativa para moitos, e Marcelo Tejedor.

O martes 23 o viño é o protagonista. A xornalista Alice Feiring conduce a sesión “Viños con identidade versus pensamento único nun mundo global”. Feiring é coñecida pola súa denuncia da parkerización e a defensa da diversidade.

Os diálogos rematan o mércores coa sesión, “Cociñeiros e empresarios de éxito. Modelos de empresa que fixeron fortuna”. Participan neste último debate dous destacados cociñeiros e empresarios, o francés Pierre Gagnaire, que conta con restaurantes en Paris, Londres ou Tokio, e o galego Gabino Sotelino, un dos máis relevantes restauradores nos Estados Unidos.

O Fórum Gastronómico Santiago 2010 é un evento promovido polo Concello de Santiago, a Asociación Hostelería Compostela e a Cámara de Comercio, e organizado por Turismo de Santiago e Pep Palau, von Arend Associats. Os seus patrocinadores institucionais son a Consellería de Medio Rural e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Turgalicia, Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. Como patrocinadores privados conta con El Corte Inglés, Estrella Galicia, Cabreiroá, Paradores, Rosareiro e Angelo Po.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com