| |  | | | | | O adegueiro Antonio Cajide GulÃn recibe o premio. REMITIDA. | | | |
O viño da Denominación de Orixe Ribeiro Sameirás 2008 tinto foi galardoado cunha Mención de Honra polo portal vinícola elmundovino.com, que premia aos mellores viños do ano nas categorías de tintos, brancos e espumosos. O adegueiro Antonio Cajide Gulín destaca “é reseñable que se vaian tomando cada vez máis en serio os tintos do Ribeiro e que se logren premios con eles”. O galardón foi entregado en Madrid o pasado luns, 19 de xaneiro, nun acto no que as adegas dispoñían dunha “tasting table” para que os convidados puidesen probar os viños gañadores.
Un dos 11 Magníficos
Pola súa banda, a adega Javier González Vázquez tamén recibiu o seu recoñecemento esta semana polo seu viño Casal de Armán 2008, recoñecido como mellor branco xoven e como un dos 11 Magníficos da guía de viños Vivir el Vino. Na cerimonia de entrega de premios, os asistentes tamén puideron catar as marcas gañadoras. |