|
A Consellería do Medio Rural remitiu á Fiscalía, ao apreciar indicios dun posible delito, a denuncia presentada polo Consello Regulador do Ribeiro contra a adega Bodegas Barbantiño S.L. por presunta falsificación de contraetiquetas desta D.O.
A Xunta, unha vez recibida a denuncia (o pasado día 2 de xaneiro), inmobilizou de inmediato e retirou do mercado o viño desta adega, para evitar a súa comercialización.
A continuación, Medio Rural abriu un expediente sancionador á empresa por infracción moi grave contra a Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño. De acordo coa lei, ao apreciarse indicios da comisión dun presunto delito, a Consellería remitiu o asunto á Fiscalía.
Funcionaron os controis
Diante destes feitos, para Medio Rural o máis importante é que con este caso demostrouse que os controis establecidos polo propio Consello Regulador e pola Xunta para evitar este tipo de fraudes funcionaron correctamente.
|