| |  | | | | | 4º premio: AGASALLO ESPECIAL”FESTA DO QUEIXO”
Elixido en votación popular o pasado 10 de xaneiro.
Título Obra: “Queixo no camiño”
Autor: Alejandro Pampín
Estudante: Artes Gráficas
Procedencia: Arzúa | | | |
O cuarto premio do concurso de Carteis da XXXV edición da Festa do Queixo de Arzúa xa ten gañador, Alejandro Pampín. A súa peza foi elixida en votación popular o pasado 10 de xaneiro entre as 41 propostas presentadas este ano.
Este e todos os carteis presentados nesta edición pódense ver ata o 31 de xaneiro na exposición que se está a celebrar na Capela da Madalena de Arzúa.
Ademais deste cuarto premio, que obterá un agasallo especial da organización, o certame outorgará tres premios máis cunha dotación económica de 600, 300 e 150 euros respectivamente. Para a entrega de premios celebrarase un acto especial, que se incluirá no Programa Oficial da 35ª Festa do Queixo de Arzúa. A elección dos tres primeiros premios terá lugar a finais de xaneiro de 2010, mediante a valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión “Festa do Queixo” cun único voto por persoa. A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 35ª edición da Festa do Queixo de Arzúa.
A organización amósase especialmente satisfeita da participación lograda, que supón un récord con respecto a edicións anteriores. Os orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa
|