Inicio > Turismo > Gastronomía

Os grelos galegos, rexistro definitivo como produto de calidade ao adquirir a Indicación Xeográfica Protexida

por redacción GECG - 08/01/2010
 

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a Orde pola que se aproba o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, que se nomeou con carácter provisional. Con este paso, os Grelos de Galicia conseguen o seu rexistro definitivo como produto de calidade, recoñecido tamén o pasado 30 de outubro de 2009 pola Unión Europea.

Con esta orde queda nomeado o Consello Regulador, por proposta do sector e con carácter provisional, con José Luis Dadín Rivadas na Presidencia e apoiado por cinco vogais en representación do sector produtor, cinco vogais representando ao sector comercializador en fresco e outros cinco membros do sector industrial.

Como corporación de dereito público, o Consello Regulador da IXP Grelos de Galicia ten como principais obxectivos a defensa do produto, a aplicación e vixilancia do seu regulamento e o fomento e control da calidade do produto amparado. Pola súa parte, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal) será o órgano encargado do control e certificación para os produtos desta indicación. A tutela administrativa sobre este ente correspóndelle á Consellería do Medio Rural por ter competencia en materia de agricultura.

Características do produto

Os grelos amparados por esta indicación presentan unha cor verde intensa e unha textura fibrosa xunto cun sabor lixeiramente ácido. A área de produción esténdese a tódolos concellos de Galicia.


 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com