Inicio > Turismo > Gastronomía

A Xunta inmobilizou e retirou do mercado o viño da adega denunciada por falsificación de contraetiquetas da DO Ribeiro

por redacción GECG - 06/01/2010

A Consellería do Medio Rural inmobilizou e retirou do mercado o viño da adega Bodegas Barbantiño S.L., denunciada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro por presunta falsificación de contraetiquetas desta D.O., para evitar a súa comercialización. A Xunta actuou, unha vez recibida a denuncia –que se fixo efectiva o pasado sábado, día 2 de xaneiro– coa fin de protexer e defender os dereitos dos consumidores diante deste posible fraude, en coordinación co propio Consello Regulador, para evitar a chegada ao mercado de viño con precintos falsos.

Medio Rural abrirá un expediente sancionador á adega por infracción moi grave contra a Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño. Esta norma, de ámbito estatal, tipifica como infracción moi grave –no seu artigo 40 apartado d)– “a indebida tenza, negociación ou utilización dos documentos, etiquetas, contraetiquetas, precintas e outros elementos de identificación propios dos v.c.p.r.d. (viños de calidade producidos en rexións determinadas), así como a falsificación deles, sempre que isto non sexa constitutivo de delito ou falta”. Esta lei especifica ademais os importes das multas, que no caso das infraccións cualificadas como moi graves estarán comprendidas entre 30.001 e 300.000 euros.

Correcto funcionamento dos controis

A Xunta lamenta o ocorrido neste caso, que considera puntual e illado, pero ao tempo gábase do correcto funcionamento dos controis e inspeccións para localizar e evitar este tipo de situacións. O Goberno Galego quere insistir, ao tempo, na calidade contrastada dos viños galegos en xeral e dos caldos certificados co indicativo das diferentes denominacións de orixe da Comunidade Autónoma, que se pon de manifesto, precisamente, por esa eficacia dos sistemas de control e vixilancia, e enviar unha mensaxe de tranquilidade á opinión pública e aos consumidores en xeral, precisando que se trata dun caso puntual e illado, para nada representativo do sector vitivinícola galego.

Non hai risco para a saúde

Cómpre salientar ademais que esta circunstancia non ten incidencia algunha no ámbito da seguridade alimentaria, e se circunscribe unicamente ao terreo da comercialización, no que atinxe ao etiquetado das botellas, polo que non supón risco algún para a saúde das persoas.

 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com