|
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, na comisión de Agricultura, Gandería e Montes, unha iniciativa do PPdeG na que se demanda que o kiwi producido en Galicia teña a indicación xeográfica protexida “Kiwi de Galicia”. A deputada do PPdeG encargada da defensa da Proposición non de Lei Rosa Oubiña Solla, defendeu no seo da Comisión a importancia desta indicación para manter a rendibilidade da produción de kiwi galego con propiedades idóneas para ser identificado polo consumidor co obxectivo final de colocalo nas mellores condicións do mercado.
Segundo Rosa Oubiña a día de hoxe a produción de kiwi acada en Galicia está preto das 500 hectáreas adicadas ao seu cultivo, das cales 172 están inscritas baixo técnicas de produción integrada, e supón o 65% da produción de España. Estes datos acreditan que na actualidade esta produción está a espertar un gran interés debido ós bos resultados alcanzados tanto no ámbito produtivo como na calidade do seus froitos, cun sabor inconfundible (máis acidez) así como a súa cor (mais verdosa que o kiwi foráneo) fan do kiwi galego un produto en alza.
Para a deputada popular a enorme diferenza entre o consumo e a produción de kiwi en España (se consumen mais de 80 millóns de kilos e en todo o territorio nacional existe unha produción de tan só 12 millóns) deixa marxe para seguir medrando. Para elo, segundo Rosa Oubiña, é necesario o apoio e a rendibilidade da produción galega que se pode estancar motivado en moitas ocasións ao minifundismo que dificulta as novas plantacións, e facilitar que o obxectivo final sexa poder ter un método de medición da calidade do produto que poida colocar ao kiwi galego nas mellores condicións do mercado.
“Trátase dun primeiro paso para potenciar novas plantacións, diferenciar a calidade singular do kiwi galego e fidelizar aos consumidores que buscan a excelencia desta froita e contar cun DNI da calidade a través da identificación xeográfica protexida” indicou Rosa Oubiña quen recordou que na pasada lexislatura o PPdeG presentou unha iniciativa semellante a actual e non contou co apoio dos grupos que sustentaban o bipartito na Xunta de Galicia, PSdG-PSOE e BNG.
Para a deputada popular no contexto do mercado internacional, cada vez máis aberto e competitivo, o sector agrario debe fomentar e potenciar produtos de calidade diferenciada, en sintonía coas demandas dos consumidores e da sociedade en xeral, cada vez máis preocupados polas cuestións relativas a calidade, seguridade e salubridade dos produtos agroalimentarios dirixidos ó consumo.
|