Inicio > Turismo > Gastronomía

O Ingacal prepárase para certificar os nove produtos galegos que queren acollerse a denominacións de calidade

por redacción GECG - 14/12/2009
 
O conselleiro Juárez presidiu este mediodía a xuntanza do Consello de Dirección deste Instituto público, e instou aos galegos a consumir produtos galegos de calidade neste Nadal. CONCHI PAZ.

O Consello de Dirección do INGACAL (Instituto Galego de Calidade Alimentaria) reuniuse este mediodía en Compostela coa presenza do conselleiro do Medio Rural e presidente do mesmo, Samuel Juárez, acompañado da directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais e vicepresidenta do Ingacal, Alejandra Álvarez de Mon, e o secretario da Consellería e do Consello de Administración da entidade, Jorge Atán.

O Instituto Galego da Calidade Alimentaria é un ente de dereito público, adscrito á Consellería do Medio Rural, creado no ano 2005 para a promoción e defensa da calidade alimentaria galega. O seu obxecto é a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico no sector alimentario, e tamén servir de instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade.


Dende a súa creación, o Ingacal desenvolve a investigación agrícola, gandeira e alimentaria; dá pulo ao desenvolvemento rural e á transferencia tecnolóxica; promove e protexe a calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos (denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, etc.); e facilita o funcionamento dos consellos reguladores na xestión, control e certificación dos produtos acollidos a estas denominacións.
 

O Instituto vixía o cumprimento das especificidades dos produtos con Denominación de Orixe: viños Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras; queixos Arzúa-Ulloa, O Cebreiro, Tetilla, e San Simón da Costa; Pemento de Herbón; dos produtos con Indicación Xeográfica Protexida Lacón Gallego e Ternera Gallega; Mel de Galicia; Pan de Cea; Pataca de Galicia; Faba de Lourenzá; e Castaña de Galicia. E tamén vixía os estándares da Agricultura Ecolóxica de Galicia; dos Viños da Terra de Barbanza e Iria, Betanzos, e Val do Miño–Ourense; e das denominacións xeográficas Augardente de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor Café de Galicia, e Licor de Herbas de Galicia.


Novas IXP

Entre as múltiplas actividades que desenvolve arestora o ente público cómpre salientar a posta en marcha da capacitación técnica e profesional para facer fronte á certificación da calidade de nove novos produtos que están en proceso de se acolleren a indicativo. Estes produtos son: Grelos de Galicia, Chourizo Galego, pementos de Arnoia, do Couto, e de Oímbra, Tarta de Santiago, Xamón Galego, Botelo de Galicia, e Androlla de Galicia. Todos eles andan en trámites de consolidaren cadansúa IXP (Indicación Xeográfica Protexida). Entre os éxitos recentes do Ingacal atópase o feito de ter rematado os trámites para a inclusión na lista de produtos protexidos con selo de calidade europea da Faba de Lourenzá.


Cabe destacar tamén que os altos estándares de traballo do Ingacal demóstranse no feito de que fose escolleito pola Unión Europea para liderar o proxecto Winetech “Novas tecnoloxías en viticultura e elaboración do viño”, presentado no marco do Programa de Cooperación Territorial Europea Interreg IV-B, no que participan organismos públicos, entidades e institucións académicas de Galicia, A Rioxa, Castela León, e Castela A Mancha, así como de Francia e Portugal.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com