Inicio > Turismo > Gastronomía
Os empresarios e xornalistas procedentes de Alemaña visitarán, entre os días 14 e 15 de decembro, oito adegas para coñecer os procedementos de cul

Economía e Industria apoia a internacionalización dos viños do Ribeiro mediante unha misión inversa integrada por importadores e especialistas alemáns

por redacción GECG - 13/12/2009

Abrir en Alemaña novos mercados para os viños amparados pola Denominación de Orixe do Ribeiro é o obxectivo fundamental da misión empresarial inversa organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a través do seu centro de promoción de negocios (CPN) en Düsseldorf, e que traerá a Ourense a oito importadores e expertos alemáns deste sector.

Os empresarios importadores e xornalistas especializados que participan nesta misión organizada contando coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro visitarán o próximo luns, día 14, as adegas Docampo, Campante, Pazo do Mar e Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. O martes, día 15, a visitas e catas terán como obxectivo as adegas Viña Mein, San Clodio, Coto de Gomariz e Casal de Armán.

Esta misión empresarial inversa dá continuidade a outras accións promocionais protagonizadas en datas recentes polas adegas agora visitadas. Así, os pasados días 26 e 27 de outubro desenvolvéronse presentacións e catas destes viños do Ribeiro nas cidades alemás de Colonia e Hamburgo, que contaron tamén nesa ocasión coa asistencia e o apoio do CPN do Igape.

Como continuidade a esta misión de empresarios e especialistas alemáns, e para apuntalar o coñecemento e a penetración dos seus viños en Alemaña, as adegas do Ribeiro prevén estar presentes na feira ProWein, que se desenvolverá do 21 ao 23 de marzo próximo en Düsseldorf. Esta feira é unha das máis importantes do mundo no sector do viño, e pode abrir mercados en países de toda Europa occidental.

Con anterioridade a esa feira internacional, os días 1 e 2 de marzo de 2010, o CPN do Igape en Alemaña colaborará tamén cos adegueiros galegos na organización de dúas novas presentacións e catas que se desenvolverán en Berlín e Wiesbaden, onde arredor de un cento de expertos e profesionais terán oportunidade de catar os viños do Ribeiro.

Facilitar información e asistencia en destino aos empresarios galegos que desexan internacionalizar os seus produtos é unha das funcións que desenvolven os centros de promoción de negocios que o Igape ten en Xapón, China, Estados Unidos, Alemaña e Polonia.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com