Inicio > Turismo > Gastronomía

A Convivium Galicia do movemento mundial Slow Food desenvólvese en Muxía

por redacción GECG - 03/12/2009

A xerente de Turgalicia, Carmen Pita, presidirá en Muxía a presentación do Convivium Galicia do movemento mundial Slow Food. O acto terá lugar o vindeiro día 18 deste mes, a partires das catro da tarde, no establecemento de turismo rural Casa de Trillo, no marco do ciclo anual que organiza este aloxamento, denominado   Encontros na Casa de Trillo.

 Nunha mesa redonda será abordada a filosofía Slow. Ademais da xerente de Turgalicia, Carmen Pardo formarán parte da mesma o rexedor de Muxía, Félix Porto Serantes; o alcalde do concello vasco de Lekeitio (Cidade Slow), José María Cazalis Eiguren; o presidente da Asociación Galega do Porco Celta (ASOPORCEL), José Antonio Carril; o crítico gastronómico Miguel Vila, e o antropólogo e membro de Slow Food Antonio García Allut. Os poñentes abordarán distintos aspectos desta corrente, como a producción agrícola e gandeira, a gastronomía, ou o que supón para o turismo e para os seus propios cidadáns que un  pobo sexa recoñecido como Slow. Sobre este último caso, o alcalde de Lekeitio explicará a experiencia da súa vila mariñeira, duns 7.500 habitantes, que no verán se converten en 15.000.

 Ao remate das ponencias terá lugar unha degustación de porco celta, producto que acaba de presentar a súa candidatura para ser incluido na Arca do Gusto do movemento  Slow Food, creado en Italia polo xornalista Carlo Petrini, para loitar contra a comida rápida.

 Entre os que confirmaron xa a súa asistencia ás xornadas están varios productores e investigadores de distintos puntos de Galicia, técnicos agrícolas, artesáns, alcaldes, e responsables de asociacións turísticas e hosteleiras de ámbito galego.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com