|
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproba o regulamento da Denominación de Orixe Valdeorras e do seu Consello regulador. Con este procedemento culmínase toda a tarefa de actualización dos regulamentos das denominacións de orixe e a súa adaptación á normativa actual da UE.
Posto que o vixente regulamento da denominación de orixe Valdeorras foi aprobado no ano 1977 polo Ministerio de Agricultura,e dende aquela sufriu varias modificacións, era de urxente necesidade adaptar e dotar de personalidade xurídica ao seu consello regulador.
Estas modificacións afectan fundamentalmente a aspectos relacionados coa produción e elaboración dos viños. Entre as novidades mais salientables están dous novos tipos de viño amparados pola denominación de orixe Valdeorras: o escumoso e o tostado.
Novas variedades O Valdeorras escumoso é obtido segundo o método tradicional e elaborado cun mínimo do 85% de uvas de variedade godello, mentres que o Valdeorras tostado é un viño naturalmente doce, que se elabora a partir de variedades tintas ou, se é de uva branca, esta será da variedade godello.
|