Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Ferias-Exposiciones

Expourense acollerá o 9º Congreso Internacional de Ferias Iberoamericanas

por Vm - 11/04/2008
Expourense será a anfitriona do 9º Congreso Internacional de Feiras Iberoamericanas, UNIFIB, que se celebrará entre os días 24 e 26 de abril. Baixo o lema “As feiras como pote de cooperación internacional”, reuniranse en Ourense ó redor de 150 directivos dos recintos feirais e de empresas vencelladas coa organización de feiras, congresos e eventos de España, Portugal e América Latina.

 

Segundo fontes de Expourense, este congreso será un punto de encontro profesional que conta cun programa científico que abordará a actualidade feiral dende distintas perspectivas: situación do mercado en América Latina e en Europa, organización de feiras por parte de empresas privadas, promoción, marketing, medioambiente, etc.

 

Este programa contará coa participación, entre outros, do Ministro de Turismo do Salvador, José Rubén Alonso Rochi, e dos presidentes das asociacións de recintos feirais de España, Portugal e América Latina, así como dos directivos das principias empresas organizadoras de eventos a nivel mundial. Outro dos relatores do Congreso será o empresario viticultor no Ribeiro e director e produtor de cine, José Luis Cuerda.

 

Pero o 9º Congreso Internacional de Feiras supón ademais unha magnífica oportunidade para que estes directivos de recintos, que son prescritores de opinión as súas respectivas cidades epaíses, poidan coñecer os recursos económicos e turísticos tanto de Ourense como de Galicia e promocionalos posteriormente nos seus lugares de orixe.

 

Para elo, Expourense ten organizado un completo programa de lecer que, centrado en destacar o potencial termal da cidade con visitas previstas as súas principais áreas termais, exalta ademais os principais recursos da provincia como é o caso do vino, a arquitectura ou a moda. Así, este programa inclúe a visita ás comarcas de O Ribeiro e da Ribeira Sacra onde, ademais, poderán realizar unha ruta polos mosterios de San Clodio, San Estevo de Ribas de Sil e San Pedro de Rocas. Esta delegación realizará ademais unha visita ás instalación que Roberto Verino ten na Tecnópole.

 

Será esta a novena edición dun congreso bienal que se celebra durante os anos pares e no que se alterna continente, isto é, ten lugar unha edición en América Latina e outraen Europa. A cidade de Talca, en Chile, foi a última sede en 2006 deste Congreso e, a anfitriona deste ano 2008 será Ourense.

 

Este 9º Congreso dispón dun portal de Internet, www.unifibourense2008.es, no que se poden consultar tódolos programas, actividades e novidades relativas ó mesmo.

 

¿Qué é UNIFIB?

 

A UNIFIB (Unión Internacional de Ferias Iberoamericanas) está integrada pola Asociación Española de Ferias, AFE, pola Asociación Portuguesa de Feiras e Congresos, APFC, e pola Asociación Internacional de Ferias de América, AFIDA. Constituise formalmente durante o II Congreso de Feiras Iberoamericanas, celebrado en San Salvador (El Salvador) en 1994.

 

 

 

 

 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com