|
Un total de 155 nenos pertencentes ós Institutos de Educación Secundaria A Xunqueira de Pontevedra, Pedras Rubias de Salceda de Caselas e do IES de Cotobade acudirán, entre os días 1 e 3 de abril, ás instalacións do Castelo de Soutomaior para visitar a exposición de inspiración medieval ‘Xente no camiño’ do artista Alfredo Erias, que permanecerá aberta ó público ata o 27 de abril.
Esta proposta artística, manifestada a través dos 72 cadros que a integran, marca unha nova etapa no traballo do autor, xa que sistematiza e unifica tres das súas grandes querenzas: o debuxo, a pintura e a historia. Por primeira vez, agora é un todo coherente no que o debuxante, o pintor e o historiador traballaron ó unísono para presentarnos este universo medieval.
Os 70 alumnos do IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, acudirán o día 1 de abril, ás 11.30 horas. Os 60 do IES A Xunqueira, de Pontevedra, asistirán o día seguinte, a misma hora. E os 25 alumnos do IES Cotobade, o xoves día 3 de abril, ás 11 da mañá.
Nos vindeiros días, tamén acudirán á mostra os Institutos de Educación Secundaria Sánchez Cantón, de Pontevedra, A Guía, de Vigo e Chan do Monte, de Marín.
Árbores monumentais da Galicia Occidental
Por outra banda, unha expedición de 35 cursillistas de Caldas de Reis visitarán ó día 12 de abril, entre as 10.00 e as 14.00 horas, as instalacións do Castelo-Pazo de Soutomaior, como parte do curso titulado ‘Árbores monumentais da Galicia Occidental’, impartido por Carlos Rodríguez Dacal, que figura dentro do plan de actividades científico-educativo-culturais que promove o concello de Caldas de Reis.
|