|
|
O BNG comprométese a comezar a traballar xa para mellorar a próxima edición do Salón Náutico |
|
|
| por Vm - 29/02/2008 | | |  | | | | | Santi DomÃnguez, esta mañana en Vigo Nau. | | | | O tenente de alcalde, Santi Domínguez,
manifestou esta mañá aos organizadores e expositores do Salón Náutico
a súa disposición para comezar a traballar na organización da vindeira
edición do certame en canto este peche as súas portas. Deste xeito o
tenente de alcalde quere evitar que, como aconteceu este ano, haxa
apenas dous meses para poñer en marcha o Salón.Santi Domínguez visitou este venres o certame e
mantivo unha xuntaza cos organizadores e os vinte principais
expositores para agredecerlles o esforzo realizado nesta edición e para
garantirlles o seu apoio para "conseguir que o o ano que vén o Salón
Náutico de Vigo teña maior proxección e dimensión".
O tenente de alcalde valorou positivamente que "a pesar de todos os
avatares que houbo nesta edición, que obrigaron a preparalo con pouco
tempo", fose posible reunir importantes empresas construtoras, de
servizos e diferentes actividades vinculadas ao mar. Domínguiez
salientou que Vigo Nau "é un Salón moi digno, pero temos que seguir
traballando para potencialo e convertelo nun referente do sector".
O tenente de alcalde amosou a súa satisfacción porque neste Salón,
ademais das últimas novidades do sector en canto a embarcacións ou
actividades náuticas, se poidan atopar tamén novas tecnoloxías para a
protección das nosas augas. Así, anunciou que se vai poñer en contacto
coa Consellería de Industria "para tratar de xeneralizar a utilización
dun sistema de recuperación de fuel a clubes deportivos ou náuticos de
recreo para preservar a riqueza das nosas rías". Finalmente, Santi
Domínguez fixo fincapé en que é unha empresa galega a que ideou este
sistema para recuperar os verquidos das propias embarcacións.
|
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|