Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

Os campamentos de verán de Special Olympics Galicia están preto dos 600 participantes

por Vm - 08/08/2008
Os organizadores do campamento, esta mañá na rolda de prensa. REMITIDA.

Un ano máis Special Olympics Galicia pon en marcha nos meses de verán os campamentos de verán nos que ofrece actividades de ocio, cultura e deportes ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e tamén aos veciños de Asturias. Contan con 599 participantes, dos cales 435 son persoas con discapacidade intelectual, 121 son monitores e 43 persoas son integrantes da organización.

Un total de 21 asociacións de Galicia e unha asociacións de Asturias participarán nas quendas que Special Olympics Galicia ten programadas dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto. As quendas son de 10 días cada unha e levaranse a cabo nas instalacións do Colexio Santiago Apóstol, en Soutomaior, Arcade; no Colexio Andaina, en A Zapateira, A Coruña; na Residencia do Colexio Altamar, en Vigo.

Special Olympics Galicia organiza cada ano estos campamentos de veran coa idea de "ofrecer unha alternativa entretida e normalizadora de vacacións para as persoas con discapacidade intelectual de Galicia co obxectivo xeral da socialización e mellora da calidade de vida a través da diversión e interelación persoal", indicaron. Neste senso as actividades que realizan os participantes nos campamentos destacan pola súa diversidade. Contan con actividades ao aire libre e tamén actividades culturais como poden ser roteiros de sendeirismo, excursións a lugares naturais, visitas a museos, castros… así como tamén actividades deportivas como visita ao acuapark, equitación, rutas en quads e canoas, sen esquecer as actividades lúdicas como festas, bailes, concertos…

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 129 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com