Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

Vigo podría acoller cada dous anos a reunión de 'Educadores pola Paz'

por Vm - 09/05/2008
O alcalde, a concelleira de Educación cos representantes de 'Educadores pola Paz'.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura L. Atrio, recibiron esta mañá ao coordinador de Educadores pola Paz, Suso Rodríguez Jares, quen lles avanzou que, tralo éxito alcanzado no encontro do mes pasado na cidade, o colectivo celebrará outra reunión en Vigo o próximo mes de decembro.

O alcalde, pola súa banda, plantexou ao coordinador o seu desexo de que Vigo acolla cada dous anos unha reunión destas características, pasando a ser sede bianual de Educadores pola Paz.

A última reunión concentrou na cidade a 1.200 educadores, principalmente de Galicia e Portugal, unha mobilización "sen precedentes", segundo salientou o alcalde. Esta capacidade de convocatoria, o éxito das reunións celebradas na cidade e a relevancia dos encontros de Educadores pola Paz foron os detonantes para que Abel Caballero propuxera a Vigo como sede bianual.
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com