|
|
O Colexio Escultor Acuña aposta pola horta ecolóxica |
|
|
| por Vm - 08/05/2008 | | |  | | | | | O Alcalde e as conselleiras, esta mañá no colexio. | | | | O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado das concelleiras de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, e de Educación, Laura L. Atrio, visitou un das hortas experimentais postas en marcha pola Concellería de Educación do Concello de Vigo en catro centros educativos de Vigo. Caballero mostrouse satisfeito da visita e acordou cos nenos do Colexio Escultor Acuña que acudiría nunha próxima visita a comer cos rapaces os produtos colleitados na horta.
O Servizo de Educación do Concello de Vigo está a desenvolver de xeito experimental o proxecto didáctico "Unha Horta Ecolóxica na Escola" no presente curso académico para transmitir aos nenos os valores medioambientais. Catro centros de infantil e primaria acollen este proxecto de notable éxito, o Escultor Acuña, o Alfonso R. Castelao, o Mestres Goldar e o Sobreira-Valadares.
Os obxectivos son a implicación curricular, é dicir, o uso da horta como ferramenta pedagóxica e a súa posterior aplicación en diversas materias escolares afondando no medioambiente; e a construción física da horta, para que os nenos convivan dun xeito diferente a nas aulas.
Unha monitora acode aos centros involucrados semanalmente e desenvolve unha actividade co alumnado: sementar, aporcar cultivos, tutorar, esqueixar, limpar malas herbas, etc., dependendo do período do ano. Os centros recibiron todos os recursos e material para o desenvolvemento do proxecto.
A avaliación das comunidades educativas está a ser tremendamente positiva. Os nenos e nenas se están a involucrar, as familias seguen con entusiasmo a evolución da horta, e os docentes observan unha mellor asimilación dos conceptos ensinados na clase, o que lles facilita o paso a un ensino eminentemente práctico. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|