Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

Educación reforza a programación de actividades da lingua inglesa

por Vm - 06/05/2008
Laura López, conselleria de Educación.
"Vigo Activities" concretase coas seguintes actividades: Descobre a túa Cidade / Get to Know Your Town: visitas didácticas ao Casco Vello ou Parque do Castro. Máximo 50 escolares acompañados de 3 nativos/bilingües, cunha duración aproximada de 90 minutos. Inclúe desprazamentos en bus e fichas de traballo para o desenvolvemento das visitas. Fálame do teu País / Tell me about your Country: encontro cun nativo para un grupo-aula, apoiado en material motivacional e unidade didáctica, 1 hora aproximadamente. Xogos e Cancións / Games and Songs: interactuación cun nativo para un grupo aula, a través de xogos tradicionais e cancións, apoiado en material motivacional e unidade didáctica, 1 hora aproximadamente. Contacontos / Story Teller: 5 relatos curtos de contos populares de distintas partes do mundo cun nativo por grupo-aula que inclúen traballo en valores, 1 hora aproximadamente. Teatro / Theatre: adaptación da obra clásica "Drákula" en spanglish, inclúe desprazamento ao auditorio correspondente e soporte documental "Word Pack".

"Vigo Activities" da continuidade ao programa educativo municipal "Aulas Internacionais", que tenta promover a comunicación oral na lingua inglesa e dotar dunha maior competencia no seu coñecemento e uso ao alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria. Este programa educativo municipal de fomento do inglés falado entre o alumnado de 6º de primaria dos colexios públicos de Vigo é unha ferramenta para acadar o mellor coñecemento oral desta lingua, que ten tan sobranceiro lugar na comunicación internacional e, polo tanto, resulta necesario que a dominen con soltura suficiente a nivel oral estes escolares dos centros públicos da nosa cidade, para tentar de superar as importantes limitacións no manexo funcional da lingua neste eido.

Dende outubro do pasado ano ata o 31 de marzo dos correntes, o Servizo de Educación veu desenvolvendo con carácter experimental o referido programa educativo na modalidade de actividade extraescolar, onde se induciu a falar, escoitar e actuar en inglés por parte de todo o alumnado. Recreouse nun aula específica e caracterizada a tal fin, situacións propias de estadías no estranxeiro ou de comunicación con outras persoas que descoñecen as nosas linguas propias e coas que forzosamente debemos falar en inglés.

No citado período, creáronse 43 "Aulas Internacionais" en 37 centros públicos que involucraron a 791 alumnos y alumnas de 5º e 6º de primaria, dirixidas por monitores cualificada con experiencia práctica contrastada, que dinamizou conversas e actuacións, ao redor de cadanseu centro de interese semanal, a tratar en dúas sesións semanais de noventa minutos.
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com