Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

O PPdeG insta á Xunta a paralizar a supresión do 1º Ciclo de ESO en colexios de Pontevedra e Lugo

por Vm - 25/04/2008
Para a portavoz de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, a supresión do 1º Ciclo de ESO que viña funcionando nos CEIPs deses once concellos “foi unha medida sorpresiva, inxusta e autoritaria.

A portavoz de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, instou esta semana á Xunta a paralizar a anunciada supresión do primeiro ciclo de ESO nos Concellos lucenses de Abadín, Baleira, O Incio, Paradela, Portomarín, Samos e Triacastela e nos pontevedreses de Covelo, A Golada, Crecente e Arbo. 

López Besteiro atribuíu a decisión “a un capricho persoal da conselleira de Educación”, que aínda que é de Lugo, semella terse convertido nunha “urbanita neoiorquina, descoñecedora e insensible respecto aos problemas que medio rural de Galicia”. 

Para a portavoz de Educación do Grupo Popular, que compareceu acompañada polo voceiro adxunto desta área, César Pérez Ares, a supresión do 1º Ciclo de ESO que viña funcionando nos CEIPs deses once concellos “foi unha medida sorpresiva, inxusta e autoritaria, que foi adoptada de costas á comunidade educativa e tamén sen contar cons alumnos nin pensar nos prexuízos que van causar aos máis de 200 rapaces afectados”. 

Como exemplo dos prexuízos derivados da supresión deses ciclos de ESO, López Besteiro apuntou que algúns alumnos se verán obrigados a efectuar desprazamentos de ata 45 quilómetros diarios, saíndo das súas casas ás oito da mañá para regresar contra as tres da tarde.

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com