Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

Colexios de Redondela e Pazos de Borbén participan nas charlas didácticas do Programa ‘O campo á escola’ da Deputación

por Vm - 05/04/2008
O deputado provincial de Medio Ambiente, Severino Reguera (á dereita da imaxe), presentou esta o Programa ‘O campo á escola’ da Deputación de Pontevedra para o presente ano 2008.

O deputado provincial de Medio Ambiente, Severino Reguera, presentou o Programa ‘O campo á escola’ da Deputación de Pontevedra para o presente ano 2008, a través do cal se realizarán 50 charlas coloquios en centros educativos da provincia. Deste xeito, a institución provincial renova esta iniciativa enfocada ós alumnos de primaria e ESO o que chega anualmente 2.500 alumnos. 

O obxectivo principal do programa é informar dun xeito ameno sobre a riqueza natural da nosa rexión ós alumnos, tentando descartar vellas crenzas que estigmatizaron inxustamente a determinadas especies animais ata o punto de poñelas en perigo.Coa información como base, o programa busca acadar un respecto maior dos xoves cara a nosa natureza.  

Das 50 charlas, 25 terán lugar en primavera e 25 en outono, con temáticas relacionadas coa época. Cada sesión dura tres horas que se dividen nunha charla de 20 ou 30 minutos seguida dun coloquio, na proxección de material audiovisual e dunha mostra de plantas e animais vivos. 

Así, en primavera, o programa levará unha sesión titulada ‘Os malos do vecindario’ na que Federico De La Peña dará a coñecer ós cativos os animais que poden amargar a nosa existencia, é dicir, aqueles que poden producirnos dores ou provocar a morte. 

Dentro desta unidade, o poñente explicará a función que cumpren este animais, que soen atacar unicamente cando lle molesten e que facer no caso de picadura ou mordedura. Ademáis, durante esta charla os alumnos poderán ver en vivo unha culebra e unha víbora. 

En outono, o motivo da charla irá dirixido a amosar ós alumnos as especies e plantas típicas do outono galego facendo fincapé nos ritos valiosos e tradicións que formaron parte do noso acervo popular, como por exemplo a moenda, a cultura da castaña ou a lareira, e que se están a perder. 

 

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com