Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

A primeira semifinal de Spelling Bee reúne a 60 estudantes de 11 centros

por Vm - 01/04/2008
Un dos participantes do concurso.
A segunda edición do concurso Spelling Bee, organizado por Schoolhouse co patrocinio do Concello de Vigo, deu comezo esta tarde no Auditorio do Colexio Salesianos coa celebración da primeira semifinal, que contou coa participación de 60 nenos de dez colexios de Vigo e un de O Porriño.

O concurso, que consiste no deletreo de verbas en inglés, procura concienciar aos estudantes e ás familias da relevancia da ortografía como aspecto fundamental no proceso do aprendizaxe dunha forma divertida e lúdica. O obxectivo final da iniciativa pasa por adquirir un axeitado coñecemento do inglés. Nesta semifinal concursan estudantes dos centros vigueses Compañía de María, Rosalía de Castro, Montecastelo, Santo Tomé, Santa Irene, Salesianos, Carlos Casares, Alexandre Bóveda e os colexios Estudio e Alborada, xunto co Instituto Pino Manso de O Porriño.

As rondas clasificatorias

Os sesenta rapaces que participaron esta tarde na primeira semifinal do concurso tiveron que pasar unha primeira ronda eliminatoria nos seus respectivos colexios, proba de redación elaborada polos seus profesores de inglés xunto coa organización do evento. Entre cinco e dez alumnos foron os escollidos para representar a cada centro educativo, ao seren os que menos erros tiveron no ditado de cen palabras na lingua anglosaxona.

Nas semifinais o deletreo é oral, e os rapaces son divididos en grupos de dez, dos que ata un máximo de tres poden pasar á gran final, en función do número de participantes. Cada concursante conta cun minuto no que pode deletrear a palabra varias veces, sendo a última dentro do tempo a resposta definitiva. O alumno será avaliado por un xurado composto por dous membros de Schoolhouse e un profesor representante dos colexios participantes.

O gañador/a viaxa a Canadá

A audiencia pode seguir o concurso nas pantallas habilitadas ao efecto no Auditorio, nas que se proxectará a verba en inglés e mais o seu significado en español. Pantallas e xurado estarán presentes tanto nas semifinais como na final, na que participarán un total de 20 ou 30 escolares. Na derradeira ronda, o concursante só contará cunha oportunidade de resposta no minuto de tempo, ainda que pode solicitar que se lle repita ata tres veces o termo, que se lle explique o significado do mesmo e incluso que sexa usado nun contexto. 

Todos os participantes que cheguen á final recibirán unha medalla e un agasallo da organización. Os cinco mellores terán un premio especial e o gañador volará a Canadá de viaxe de estudos. Do mesmo xeito, os colexios e os profesores dos tres primeiros clasificados terán tamén premios especiais.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com