Inicio > Sociedad > Educación

Un total de 1.400 persoas obteñen o certificado de lingua galega nas primeiras probas do ano que organizou Política Lingüística

por redacción GECG - 01/08/2010

Un total de 1.400 persoas conseguiron o Certificado del ingua galega (Celga), nalgún dos catro niveis, nas primeiras probas deste ano que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística e que tiveron lugar os días 22, 23, 29 e 30 do pasado mes de maio.

Atendendo aos diferentes niveis, no que respecta ao Celga 1, foron 171 as persoas que aprobaron os exames. 377 foron os que obtiveron o certificado Celga no nivel 2, mentres que superaron as probas do Celga 3 un total de 365 persoas. Finalmente, 487 persoas aprobaron os exames do Celga 4.

As listaxes definitivas con todos os aptos e non aptos, atendendo a niveis e localidades, pode consultarse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega).

Próximos cursos Celga
Anualmente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca probas para a obtención dos certificados acreditativos de coñecemento da lingua galega, así como cursos para prepararse para elas.

Durante os meses de setembro, outubro e novembro, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo organiza a terceira e última quenda deste ano dos cursos preparatorios para obter o Celga. Os interesados en inscribirse poden presentar a súa solicitude ata o próximo día 10 de setembro.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com