Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Economía-Empresa

Vigo contará en 2009 cun Laboratorio Oficial de Homologación de Vehículos pioneiro en España

por Vm - 23/04/2008
O conselleiro de Innovación, Fernando Blanco (i) e o reitor a Universidade de Vigo, Alberto Gago, presentaron o Laboratorio Oficial de Homologación de Vehículos.
Vigo contará co primeiro Laboratorio Oficial de Homologación de Vehículos de España. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco, acompañado do reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago. Ámbolos dous presentaron hoxe en Vigo o proxecto impulsado polo departamento autonómico e que dará resposta ás necesidades do sector carroceiro e dos fabricantes de vehículos de segunda fase.

 

O conselleiro nacionalista explicou que a recente normativa europea recollida na Directiva Marco 2007/46/CE para a homologación de vehículos de motor introduce importantes novidades sobre os tipos e procedementos a realizar e aínda que a transposición destas normas á lexislación estatal está pendente de acometerse, o seu departamento, xunto coa Universidade de Vigo, ve unha oportunidade de avanzar nas competencias galegas co obxectivo de prestar un mellor servizo ao sector da automoción.

 

Neste sentido, Fernando Blanco anunciou que a Consellaría vén de propoñer ao Ministerio de Industria a creación dun Laboratorio de Homologación que se apoiaría no que actualmente xa funciona na Escola de Enxeñeiros Superiores da Universidade de Vigo (CIMALAB), un centro que só fai homologacións de reformas de vehículos polo que, coa proposta da Consellaría, asumiría unha ampliación de competencias para acomodarse á nova regulamentación.

 

Deste xeito, o CIMALAB pasaría a prestar tamén a realizar as novas homologacións incorporadas pola normativa europea e que se refiren a homologacións de series curtas (para un máximo de entre 75 e 1.000 unidades segundo o tipo de automóbil) e homologacións individuais (para carrozados concretos de vehículos). A prestación destes novos servizos implica que o Laboratorio realizará tamén novos ensaios físicos e verificacións dimensionais.  

 

Investimento e calendario de implantación

 

Fernando Blanco avanzou que unha vez obtido o recoñecemento oficial do novo servizo técnico por parte do Ministerio, crearíase unha Fundación para xestionar o Laboratorio na que tamén participarían as asociacións representativas do sector. A implantación do centro faríase nun prazo dun ano, dende a obtención do recoñecemento oficial por parte do Ministerio.

 

Segundo asegurou o conselleiro, o seu departamento conta xa cun estudo de viabilidade técnica do proxecto que avala a súa implantación e o plan de viabilidade e de explotación económica definitivo estará pechado en dous meses. En todo caso, Blanco avanzou que o custe estimado da posta en funcionamento do Laboratorio implicaría un investimento de 3 millóns de euros, cantidade que iría destinada fundamentalmente á adquisición de equipamentos para as verificacións, tendo en conta que se partiría das instalacións xa existentes do CIMALAB.

 


Segundo avanzou o conselleiro, o Laboratorio custará 3 millónes de euros e estará opertativo en 2009.


Igualmente asegurou que o centro sería autofinanciable posto que a conta de explotación indica que os ingresos polos servizos superarían os gastos anuais. Neste sentido o titular do departamento autonómico lembrou que o volume de homologacións que se realiza actualmente no Estado rolda as 1.000, pero que coa entrada en vigor da nova normativa pasarase previsiblemente a máis de 21.000 homologacións anuais.  

 

Fernando Blanco tamén recordou que a distribución estatal indica que o sector das empresas carroceiras e de modificación de vehículos ten en Galiza un peso importante, con 60 empresas que representan o 6 por cento do total estatal e que ascende ao 20 por cento considerando o segmento das grandes empresas (as de máis de 100 traballadores), polo que a creación do Laboratorio vai permitir unha vantaxe competitiva para o sector, que ademais reducirá custos evitando os desprazamentos a Catalunya e Madrid que teñen que facer na actualidade para poder homologar os seus vehículos. Así mesmo, o novo Laboratorio daría resposta tamén ás necesidades das empresas localizadas nas áreas limítrofes.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com