|  | | | | | Louzán explicou tamén que 'Galicia é a autonomÃa española na que máis subiron as exportacións de planta ornamental'. REMITIDA. | | | |
Despois de hoxe, a camelia será un dos símbolos de Galicia. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou no acto inaugural do I Simposio Iberoamericano de Horticultura que a comunidade galega "é unha das maiores produtoras a nivel mundial de camelia cunha media produtiva de 2,5 millóns de unidades deste exemplar ó ano".
Así mesmo, o titular do organismo provincial explicou que "Galicia é a autonomía española na que máis subiron as exportacións de planta ornamental, fronte a mercados más tradicionais do ámbito nacional". No caso concreto da provincia de Pontevedra Louzán comentou que a zona do Baixo Miño é onde se concentran un maior número de viveiros.
O Simposio, organizado pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, celebrarase no Pazo da Deputación dende hoxe ata o vindeiro 17 de outubro. Segundo avanzou a presidenta do comité organizador, Carmen Salinero, "contamos coa participación de máis de 100 persoas procedentes do territorio nacional (Tenerife, Murcia, Barcelona, Madrid; Sevilla; Almería....) así como do país veciño Portugal e do outro lado do atlántico, concretamente, de Chile e Arxentina".
Salinero explicou asemade que "a xardinería en Galicia e na provincial é diferente á do resto do estado e, por este motivo, este ano organizamos aquí as que son as cuartas xornadas ibéricas e o primeiro simposio iberoamericano de horticultura ornamental, que normalmente ten lugar nas zonas do sur de España". Así, con esta iniciativa, "buscamos dar a coñecer a xardinería galega e as plantas galegas que son moi diferentes ás que están acostumados a ver a maioría dos asistentes". Aquí, explicou a presidenta do comité organizador "predominan as camelias, as magnolias….
O Congreso abarcará a totalidade dos temas relacionados con este mundo como son: o sector ornamental, a selección e mellora de plantas ornamentais, plantas autóctonas, o seu uso en xardinería, desenvolvemento de novos produtos, flor cortada, floricultura, viveirismo, planta en maceta, paisaxismo e revexetación, xardinaría, horticultura urbana, propagación e produción de planta, produción sostible e protección integrada, técnicas de cultivo, fertilización e rega, alteracións en plantas ornamentais, recoñecemento e diagnóstico de pragas e enfermidades e control de pragas e enfermidades.
|