|
|
O Verbum acolle unha exposición sobre as revoltas estudantÃs do 68 en Santiago |
|
|
| por Vm - 20/08/2008 | | A exposición "Do Gaudeamus Igitur" ao "Venceremos nós". As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela reconstrúe os acontecementos estudantís do curso 1967/68 contra a ditadura, a loita polas liberdades e a representación democrática.
A exposición comeza coa explicación do que era a cidade de Santiago e a Universidade baixo a ditadura franquista e analiza os elementos que promoveron as revoltas estudantís posteriores: a cultura oficial e a cultura alternativa, a presenza de forzas clandestinas antifranquistas, etc. A continuación, explica polo miúdo as mobilizacións estudantís do curso 1967/68 e a ditadura franquista: dende a solidariedade galega ata o nacemento de Voces Ceibes; desde as asembleas universitarias ata o peche na Facultade de Filosofía e Letras; desde a represión sobre os líderes estudantís ata a actitude do profesorado.
O obxectivo desta exposición é tentar recuperar a memoria daqueles tempos e dar a coñecer as mobilizacións protagonizadas por unha xeración importante de persoas.
A exposición está organizada pola Fundación 10 de marzo e en colaboración coa Xunta de Galicia, Tenencia de Alcaldía e Concellería de Cultura do Concello de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña e Obra Social CaixaGalicia. |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 129 votos ¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?
|
|
|
|
|