Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Bailaríns galegos, andaluces, brasileiros e cubanos celebrarán na Coruña, Lugo e Vigo o Día Mundial da Danza

por Vm - 25/04/2008
A produtora galega Experimentadanza e a madrileña EscénaTe contribuirán a que o Día Mundial da Danza, que se celebra o 29 de abril, non pase desapercibido, coa organización de 'Espazos que danzan'.

Esta iniciativa levará a danza a espazos como a prisión de Monterroso (Lugo), os escaparates de El Corte Inglés de A Coruña e Vigo, o Museo Provincial de Lugo, o Verbum de Vigo ou a galería de arte Ana Vilaseco da Coruña.

A esta proposta súmanse compañías de Galicia, Andalucía, Cuba e Brasil, que actuarán dende mañá sábado e ata o martes, día 29, en distintos espazos das cidades da Coruña, Lugo e Vigo.

Segundo a directora artística do festival, Carlota Pérez, 'Espazos que Danzan' dálle importancia á integración da danza na sociedade e nos espazos arquitectónicos, e inclúe espectáculos de danza contemporánea, danza-teatro, danza e integración e teatro físico.

Calendario

A cidade herculina será o escenario inaugural deste proxecto, xa que acollerá as actuacións de mañá sábado. O festival comezará ás 18 horas nos escaparates de El Corte Inglés, para continuar unha hora despois no Centro de Maiores de Caixa Galicia, coas propostas das compañías Danza Aberta, Uxía P. Vaello, e o cubano Leo Rodríguez.

Ás 20.30 horas, Experimentadanza e Mita Beutel presentarán as súas coreografías na sede da Fundación Caixa Galicia. A Galería de Arte Ana Vilaseco porá o punto e final a esta primeira xornada ás 21.30 horas coa presentación das coreografías de Guillermo Weickert e de Ruth Balbís.

Lugo tomará o bastón de remuda de 'Espazos Que Danzan' o domingo 27 ás 13 horas coa presentación na Praza de Santa María das coreografías de Amparo Novas, Leo Rodríguez e Carlota Pérez. Ás 18 horas serán os internos da prisión de Monterroso os que gozarán dos movementos de David Loira, Guillermo Weickert e Leo Rodríguez.

Por último, o martes 29, coincidindo co Día Internacional da Danza, Vigo sumarase ás actividades. A xornada abrirase no Centro Cívico do Castrillón na Coruña coa coreografía de Leo Rodríguez e Carlota Pérez. Continuará en Vigo ás 18 horas nos escaparates de El Corte Inglés, con propostas de danza integradas, e ás 19 horas no Verbum da cidade olívica, coas compañías de Mita Beutel, Mudanza, Guillermo Weickert e Amparo Novas. Pechará a cornada o Museo Provincial de Lugo coas compañías Experimentadanza e David Loira.

Día Internacional da Danza

A Unesco estableceu o día Internacional da Danza en 1982 e seleccionou o 29 de abril por ser a data de nacemento do coreógrafo francés Jean Jacquez Noverre. O manifesto deste ano centra especial atención aos gobernos, patrocinadores e medios de comunicación, "os tres factores máis importantes que afectan á práctica da nosa arte".

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com