Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

A Fundación Barrié levará á Coruña e Vigo unha retrospectiva do fotógrafo estadounidense Paul Strand

por Vm - 23/04/2008
A Fundación Pedro Barrié de la Maza abrirá o 3 de xullo na súa sede na Coruña e o 2 de outubro en Vigo a primeira retrospectiva que se poderá ver en España do fotógrafo norteamericano Paul Strand.

A mostra será organizada pola Fundación en colaboración coa Aperture Foundation de Nova York, e o Philadelphia Museum of Art, que emprestaron as 114 imaxes orixinais que integran a exposición.

Comisariada por Rafael Llano, a exposición reúne por primeira vez en España fotografías de todos os períodos da carreira de Strand, con imaxes dende 1915 a 1976. Ata hoxe, só se celebrou unha exposición sobre o foógrafo norteamericano, organizada pola Fundación Aperture e que visitou en 1996 o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, dedicada ao seu período europeo.

A mostra da Fundación Barrié estruturarase en torno a dez seccións para comprender as etapas artísticas e temáticas da obra de Strand: o seus principios en Manhattan, a investigación da natureza, a investigación da cultura mexicana, a historia e tradicións de Norteamérica, os pobos e culturas europeas, os traballadores, a democracia, ciencia asociada ao progreso, raíces familiares e a vida infinita no xardín.

A montaxe incluirá espazos para proxectar imaxes seleccionadas dos filmes dirixidos por Strand: 'Mannhatan', 'Redes' e 'Native Land'. 'Paul Strand. Retrospectiva' poderá verse entre o 3 de xullo e o 14 de setembro na sede da Fundción Barrié na Coruña e entre o 2 de outubro e o 11 de xaneiro na sede de Vigo.

Con esta mostra exclusiva, a Fundación Barrié retoma a súa liña de exposicións temporais dedicadas a clásicos da fotografía, pola que xa achegou a obra de Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams e en 2005 a exposición 'Iconos: la mejos fotografía y cine de la George Eastman House'.

Con motivo desta exposición, a Fundación edita un catálogo titulado 'Paul Strand. En el principio fue Manhattan', que reproducirá integramente as 114 fotografías da exposición, cun ensaio sobre o fotógrafo escrito polo comisario da exposición, e que virá suplir a carencia de obras sobre o fotógrafo en España. O texto irá ilustrado tamén coa obra doutros importantes fotógrafos americanos: Alfred Stieglitz, Lewis Hine, Clarence White, Dorothea Lange, Walker Evans, Behn Shahn, Arthur Rothstein, Mathew Brady y Alexander Gardner.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com