Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Break dance, trivial friky, dobraxe e tapas son algunhas das actividades de Tardes e Noites Vivas

por Vm - 18/04/2008
O programa de ocio alternativo xuvenil da Concellería de Xuventude, Tardes e Noites Vivas, oferta novas actividades esta fin de semana do 18 e 19 de abril, segundo anunciou hoxe a concelleira nacionalista Iolanda Veloso. Break dance, trivial friky, dobraxe cómica, pincos e tapas son algunhas das novas propostas que se desenvolverán o venres e o sábado a partires das 17 horas.
O programa de ocio alternativo xuvenil da Concellería de Xuventude, Tardes e Noites Vivas, oferta novas actividades esta fin de semana do 18 e 19 de abril, segundo anunciou este xoves a concelleira nacionalista Iolanda Veloso. Break dance, trivial friky, dobraxe cómica, pincos e tapas son algunhas das novas propostas que se desenvolverán o venres e o sábado a partires das 17 horas.

"Tardes e Noites Vivas é un programa que oferta un gran abano de posibilidades para que os mozos e mozas de Vigo poidan investir o seu tempo de ocio de xeito alternativo e divertíndose con actividades de calidade que se desenvolverán en distintos espazos e horarios", sinalou a concelleira de Xuventude. O Espazo Xove do Castro será o primeiro en abrir as súas portas co servizo Cíber (acceso a internet, chat, messenger, wii, bluetooth e conexión wifi) e outras actividades coma danza oriental, un obradoiro para aprender a baixar e colgar vídeos, teatro con obxectos, miniolimpiadas wii, break dance, dobraxe cómica ou tenis de mesa, entre outras. O seguinte en unirse á programación será o espazo da Asociación Xuvenil Abertal, a partires das 18 horas, con obradoiros variados, sala de xogos, play station, conversas en inglés, torneo de futbolín, acceso a internet e break dance.

Xa ás 22:00 horas poranse en marcha a noite de trivial friky e xogos de mesa na Asociación Xuvenil Cancerbero. O pavillón do Berbés abrirá ás 23 horas e ofertará bailes, obradoiros de cociña, musculación, squash e dous encontros cada noite de baloncesto "Vigo en Xogo". A praza da Estrela,os sábados a partires das 23.30 horas, acollerá diversas actividades de animación na rúa, con malabares e actividades de performance, artes plásticas realizadas con materiais procedentes do lixo, e música. A disco light, que ten lugar os sábados na Sala A! a partires das 17 horas, ofrece unha sala de ocio alternativo para mozos e mozas e programa divertidas festas temáticas.

A programación detallada pódese atopar na páxina web da Concellería de Xuventude ou, en formato folleto, na Casa da Xuventude (teléfono: 986 294 806, correo electrónico xuventude@vigo.org), así como nos diferentes centros educativos.
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com