Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Cultura deposita o ungüentario palestiniano no Museo do Mar

por Vm - 07/04/2008
O ungüentario está desde hoxe no Museo do Mar de Vigo.
O ungüentario palestiniano ocupa desde hoxe un espazo na Sección de Arqueoloxía do Museo do Mar de Galicia, situado en Alcabre (Vigo). A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Patrimonio, explicaron a importancia as razóns para o depósito neste centro, no que se ten en conta a proximidade co lugar do achado, que reúne as características para a súa correcta conservación e a súa función cultural e científica, e por tratarse dunha peza vinculada aos contactos por vía marítima na Galicia antiga.

 

O ungüentario é unha peza cerámica procedente da rexión de Palestina, probablemente do século VI ou VII, e chegou a Vigo procedente do mar. Insírese no contexto das primeiras etapas da historia da cidade e, xunto cos restos do poboado prerromano aparecido na mesma Punta do Muíño e co futuro Centro de Arqueoloxía Subacuática que se erixirá lindeiro co propio Museo do Mar, é un elemento fundamental dos contidos de carácter arqueolóxico do centro para explicar a relación desta cidade co mar.

 

O depósito do ungüentario no Museo do Mar por parte da Consellaría cumpre o solicitado polo Parlamento de Galicia a petición dos tres grupos políticos presentes na Cámara. Foi o Goberno do PP quen no 2004 trasladou ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela esta peza atopada un ano antes durante as escavacións realizadas para acometer as obras do túnel do Areal en Vigo.

Unha peza da época paleocristiá tardía

 

O ungüentario é un recicipente de tipo fusiforme, de 15'5 cm. de longo conservado e 5 cm. de diámetro exterior máximo, cunha banda de engobe arrubiado na parte superior e un selo impreso polo exterior e cerca do fondo da peza, cunha áncora con brazos en cruz. Este último elemento e a propia forma da peza permite asociala a un tipo de cerámica de época paleocristiá tardía (entre os séculos VI e VII), documentada na Gallaecia en xacementos urbanos e rurais.


 

 A función da peza achada en Vigo sería a de servir de contedor de ungüentos, de augas ou de aceites ou óleos considerados sagrados.

 

Esta e outras pezas similares denomínanse "de procedencia palestiniana" e vincúlanse tanto ao comercio co Mediterráneo oriental (citado polo mesmo bispo Hidacio para o caso galaico) como ás primeiras viaxes de peregrinación aos Santos Lugares, ben exemplificado en Galicia no caso da "monxa" Exeria. A función da peza achada en Vigo sería a de servir de contedor de ungüentos, de augas ou de aceites ou óleos considerados sagrados (ás veces adoptan a forma de cantimplora) e por iso se asocian ao fenómeno das viaxes paleocristiás e altomedievais a Terra Santa.

 

A súa presenza nun dos xacementos urbanos do Vigo actual explícase perfectamente pola súa relación co tráfico e co comercio marítimo que este "vicus" tivo en época galaico-romana, vinculado á súa vez ás explotacións pesqueiras e de salgado que nos últimos anos se veñen documentando en toda a banda do Areal e noutras partes da costa galega.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com