Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Estudantes da ESO participarán no ‘X Concurso de Carteis Día das Letras Galegas 2008’

por Vm - 05/04/2008

Co gallo da celebración do “Día das Letras Galegas 2008” El Corte Inglés de Galicia, a través dos seus Centros Comerciais de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, en colaboración con Ámbito Cultural El Corte Inglés, ven de convocar o ‘X Concurso de Carteis Día das Letras Galegas 2008’. Segundo informou hoxe a empresa organizadora, o concurso vai dirixido a tódolos alumnos matriculados nun centro de ensinanza secundaria de Galicia que teñan entre 12 e 18 anos.


Os traballos, orixinais e inéditos deberán ser realizados en papel ou en cartolina, cunhas medidas máximas de 50x70 cm, e mínimas de 40x60 cm, en sentido vertical, empregando calquera tipo de procedemento creativo, pero respectando sempre os soportes sinalados.

 

Os traballos deberán ser realizados a título individual e obrigatoriamente deberán aludir o persoeiro a quen está adicado o Día das Letras Galegas 2008: Xosé María Álvarez Blázquez. A recepción dos traballos e a recollida das bases de participación faranse no Departamento de Relacións Externas dos Centros de El Corte Inglés de Vigo e de Coruña, e no Centro Comercial Compostela (Hipercor - Tiendas El Corte Inglés). O prazo de admisión pecharase o 3 de maio. Cos mellores carteis seleccionados farase unha exposición na semana conmemorativa do Día das Letras Galegas, nos respectivos Centros.

 

Haberá 3 primeiros premios que consisten nunha tarxeta regalo de El Corte Inglés de 300 euros máis diploma, e un lote de libros para os tres mellores traballos presentados en toda Galicia, elexidos como os gañadores das fases locais dos centros de Vigo, A Coruña e Santiago. De entre os tres seleccionados elixirase o gañador absoluto do concurso, que recibirá un trofeo, e o seu traballo converterase no cartel oficial e na imaxe corporativa das actividades programadas que conmemoren a celebración do Día das Letras Galegas nos Centros de El Corte Inglés en Galicia.

 

Tamén haberá tres segundos premios, e tres terceiros premios que consisten en tarxetas regalo de El Corte Inglés de 150 euros e 60 euros respectivamente, mais un lote de libros en tódolos casos.

 

Por último, premiarase o Centro Escolar que presente a mellor e maior labor de conxunto cun gran trofeo e unha tarxeta regalo de El Corte Inglés de 450 euros para a adquisición de material escolar.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com