Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

O XII Festival dos Reencontros celébrase o venres no Auditorio Municipal

por Vm - 04/04/2008
Festival dos Reencontros.
O Auditorio Municipal será o venres o escenario no que se celebre, a partir das 20.30 horas, a duodécima edición do Festival dos Reencontros, organizado pola Escola Municipal de Danza e Percusión do Concello de Vigo. Trátase dun certame que amosa o folclore galego non só realizado na escola municipal, senón tamén noutras entidades da cidade e que contará coa actuación dos grupos "Os Chouteiros", "Os Atagallos", "Airiños do Parque de Castrelos", "Os Petiscos", "Sangaño" e a banda de gaitas "San Vicente de Barrantes", de Tomiño.
Os primeiros en subir ao escenario do Auditorio Municipal serán "Os Chouteiros", que pertencen a Escola de Danza do Concello e interpretarán unha ribeirana e un pandeiro. O agrupación está composta por seis parellas de idades comprendidas entre os oito e os once anos. En segundo lugar actuará o grupo de percusión "Os Atagallos", tamén integrado por alumnos da escola municipal viguesa, que acompañarán ao grupo de gaitas "Airiños do Parque de Castrelos" no vals e na xota. Os seus integrantes teñen idades comprendidas entre os nove e os once anos.

En terceiro lugar, o grupo "Os Petiscos", formado tamén por alumnos da escola viguesa de once anos de idade, bailarán unha xota e o fandango Muradán; tras eles actuará o grupo "Sangaño", formado por cinco parellas que se atopan entre as máis veteranas da escola xa que teñen entre 35 e 60 anos, e que bailarán a pandereitada do Antonio e o fandango de Muradán. O peche do festival o porá a banda de gaitas "San Vicente de Barrantes" deTomiño, dirixida por Hipólito Cabezas.
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com