Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Presentado en Vigo o libro e dvd 'A Volta dos nove. Arte e memoria'

por Vm - 05/04/2008
A Casa Galega da Cultura de Vigo acolleu onte a presentación do libro-cd "A Volta dos Nove. Arte e Memoria" impulsado polo Instituto de Estudos Miñoranos e que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vigo. A publicación lembra aos nove veciños do Val Miñor asasinados o 15 de outubro de 1936, na saída de Baiona cara a Baredo.
O libro é unha obra colectiva onde nove pintores, nove visións fotográficas e nove voces poéticas únense á obra musical de Antón Seoane na que a voz de Pilocha recupera textos de Méndez Ferrín e doutros poetas que participaron no acto que se celebrou ao abeiro do Barco da Memoria en Baiona en xullo de 2006.

No libro-cd-dvd ofrecese unha seitura realizada por preto de medio cento de persoas baixo a coordinación do Instituto de Estudos Miñoranos.

En outubro de 2005, sesenta e nove anos despois dos asasinatos, o Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión de Familiares promoveu a realización dunha homenaxe escultórica no mesmo lugar dos feitos coñecido como "A Volta dos Nove". A escultura á unha árbore fundida en bronce rodeada de loureiros.
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com