Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Vigo acollerá a XII Reunión Anual da Rede de Museos Europeos

por Vm - 10/10/2008

A sede da Fundación Barrié en Vigo acollerá do 15 ao 18 de outubro a XII Reunión Anual da Rede de Museos Europeos, organizada en colaboración co Vitra Design Museum. Trátase dunha reunión de directivos de destacados museos europeos con programación relacionada con arquitectura e deseño e que actúa como plataforma de intercambio de información e contacto para futuras exposicións itinerantes.

Así, desprazaranse ata Vigo 37 representantes de 27 institucións europeas como o Victoria and Albert Museum de Londres, o Centre George Pompidou de París, o Vitra Design Museum de Weil am Rhein de Alamaña, o Triennale Design Museum de Milán, o Museu do Design de Lisboa ou o Lousiana Museum of Modern Art de Humlebaeck (Dinamarca).

Ademais das sesións de traballo, o encontro conta tamén cun programa de visitas culturais e turísticas á cidade de Vigo e arredores, así como á cidade da Coruña, onde os participantes asistirán á inauguración da exposición 'Diseño holandés: en la calle como en casa', o día 17 na sede da Fundación na Coruña. A exposición exhibe unha ampla mostra de 140 pezas do deseño holandés máis contemporáneo e innovador para os espazos públicos e privados. Unha visita á Catedral de Santiago porá fin á xuntanza o sábado 18.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 128 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com