Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos > Audiovisual
A reunión congregará a afeccionados á informática de todas as idades até domingo, en horario ininterrumpido

A Po.Party’08 arranca con torneos de Nintendo WII e concursos de baile e karaoke para os máis novos

por Vm - 29/02/2008

Este venres arranca no Pavillón Príncipe Felipe a Po.party ’08, o evento social impulsado pola Deputación de Pontevedra que porá ó alcance de todos os mozos as últimas novidades no eido dos videoxogos e as novas tecnoloxías. A Party terá lugar os días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo, en horario ininterrompido. 

A reunión congregará a afeccionados á informática de todas as idades, que poderán xogar en diferentes consolas ós xogos máis revolucionarios do momento: World Craft, Counter Strike, Call of Dutty, Crisis, D.D.R. (Dance Dance Revolution), entre outros.  

Na zona de acceso libre, haberá tres Wii Sports con pantalla pequena e outras 2 para o central. Organizaranse torneos horarios durante o día, para que os rapaces poidan competir entre eles. 

Tamén se habilitará unha zona de karaoke, onde novos e non tan novos poderán amosar as súas habilidades diante dos micrófonos co xogo Singstar da Playstation 2.   

Así mesmo, quen queira poderá tamén participar en charlas sobre hacking, software libre, Linux, informática doméstica, blogs, comercio electrónico e sistemas de xestión de contados CMS. 

A po.party dividirase en tres zonas. A zona 1, de Participantes Acreditados, que acollerá ós que vaian estar os tres días na Party e que previamente se teñan inscrito vía web e reservado a súa praza. Ó ser gratuíta facilitará á asistencia dos máis novos. 

A zona 2, de Conferencias, onde se celebrarán obradoiros e charlas moi variadas, que abranguen campos como a robótica, electrónica, seguridade informática, uso de sistemas operativas Open Source, domótica, refrixeración e rendemento extremo de Hardware informático, edición de vídeo, decoración e modificación de computadores, sempre procurando implicar ó asistente para que forme parte activa en todo momento. 

A zona 3, a de Acceso Libre, será a que congregue a máis persoas, xa que calquera cidadán que o desexe poderá desfrutar das numerosas propostas que están a disposición dos usuarios sen necesidade de inscribirse.  

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 84 votos
¿Cre que é positivo manter a ilusión dos cativos galegos, con 'tantos' agasallos dos reis, nestes tempos de crise?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com