Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Arte

A Fundación Barrié amosará en Vigo a súa colección de pintura contemporánea internacional

por Vm - 09/06/2008

A Fundación Pedro Barrié de la Maza amosará en Vigo a súa colección de pintura contemporánea internacional iniciada este ano. Será do 17 de xullo ao 28 de setembro, nunha exposición titulada 'En construcción I', que será a primeira dunha serie que cada ano presentará as novidades máis destacadas da nova colección, orientada a difundir en Galicia o mellor da pintura española e internacional dende os anos 70 a hoxe.

'En construcción I' estará composta por nove obras de grande formato catro delas adquiridas en Art Basel 08 e asinadas polo norteamericano Jonathan Lasker, o arxentino Fabian Marcaccio, a británica Fiona Rae e o alemán Günther Förg e outras cinco mercadas en ARCO, do galego Pedro Barbeito, da artista alemana Katharina Grosse, o inglés Jason Martin, o alemán Imi Knoebel e a brasileira Sandra Cinto.

A selección de grandes formatos responde ás singulares características espaciais do auditorio da sede da Fundación Barrié na cidade olívica e reflicte ao mesmo tempo a importancia da colección recén iniciada. Outros artistas presentes na nova colección pero que non foron incluídos na mostra son Ángela de la Cruz, Pedro Calapez, Daniel Verbis, José Lourenço, Miquel Mont ou Sol LeWitt.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com