Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Arte

A Fundación Laxeiro e Caixanova convenian actividades con motivo do centenario do artista

por Vm - 22/04/2008
A Fundación Laxeiro asinou un convenio de colaboración con Caixanova por importe de 40.000 euros, como contribución á realización das actividades conmemorativas do centenario do nacemento do artista, segundo informou onte o concello de Vigo. As actividades articúlanse na investigación (coa edición, en setembro de 2008, do Catálogo Universal Razoado de Laxeiro); na divulgación (coa organización de actividades para escolares e adultos ó redor da figura do artista de Lalín) e na programación (coa organización de exposicións que afondarán en diferentes aspectos da figura e a obra do pintor galego).

 

Destacan neste apartado a exposición "Laxeiro, debuxos inéditos VI. Anatomías" que estes días se pode ver na sede a Fundación Laxeiro; a exposición de "Laxeiro informalista" que se poderá ver no Museo do Pobo galego, en Santiago de Compostela nos meses de xullo e agosto; ou a mostra "Laxeiro e a vangarda histórica galega", que se poderá ver no último trimestre no Museo de Pontevedra, ademais da exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de Postguerra" que se inaugurará no mes de xullo na planta baixa da Casa das artes.

 

A colaboración de Caixanova coa Fundación Laxeiro comezou coa andadura da Fundación e posibilitou, entre outras actuacións, a restauración da Colección permanente en 2001, a organización de 16 exposicións antolóxicas de Laxeiro, noutros tantos concellos de Galicia, durante os anos 2001 e 2002, a realización da exposición antolóxica de Laxeiro en 2003 no Centro Atlántico de Arte Moderno, en Las Palmas de Gran Canaria, ademais de apoiar o conxunto de actividades levadas a cabo pola Fundación Laxeiro.
    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 32 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com