|  | | | | | O Casco Vello de Vigo comeza a recuperarse. REMITIDA | | | |
O concelleiro do grupo municipal do PP no Concello de Vigo, Jorge Conde, presentará unha iniciativa no vindeiro pleno da Corporación na que insta ao goberno local a deixar todos os inmobles e terreos de titularidade municipal emprazados no Casco Vello de Vigo en perfecto estado de limpeza, salubridade e ornato público. O edil lembra que as ordenanzas municipais obrigan aos propietarios de solares, terreos e construccións a mantelos en perfecto estado de limpeza e salubridade e sinala que esta obriga atinxe tamén ao propio Concello naqueles inmobles dos que sexa titular.
Por iso, o concelleiro esixe ao goberno unha rápida intervención en terreos e inmobles propiedade do Concello emprazados na zona do Casco Vello e nas inmediacións do edificio consistorial.
As Ordenanzas Municipais establecen que "o/os propietarios de toda clase de solares, terreos e construcións deberán manterse en constante estado de limpeza, salubridade e ornato público e que no seu caso será o Concello quen de oficio ordenará as obras necesarias para conservar en aquelas condicións con indicación do prazo de realización". Como non pode ser menos esta obriga atinxe tamén o propio Concello e a aqueles inmobles do que sexa titular.
Neste caso existen toda unha serie de terreos e construcións de titularidade municipal preto do propio concello na zona do Casco Vello que o requiren por seren precisamente de dita titularidade.
Por todo elo propoñe ao Pleno da Corporación que adopte o seguinte acordo: "Que por parte do departamento correspondente se fagan as xestións necesarias para deixar todos os edificios e terreos de titularidade municipal sitos no Concello na zona do Casco Vello en perfecto estado de limpeza, salubridade e ornato público". |