Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

As obras da primeira fase da humanización da Alameda de Bouzas comezarán o 18 de agosto

por Vm - 08/08/2008
A presentación da humanización, esta mañá na Alameda de Bouzas. REMITIDA.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a humanización da Alameda de Bouzas, traballos que darán comezo o vindeiro día 18 de agosto, cun orzamento próximo aos 550.000 euros, e estarán rematados en 4 meses. O rexedor, acompañado polo concelleiros socialistas Isaura Abelairas, Angel Rivas e Carlos L. Font, salientou a "merecida atención" que o goberno lle está a conceder a Bouzas, barrio que tanto aportou e aporta ao desenvolvemento da cidade.

Segundo explicou Abel Caballero, as características da humanización non diferirán das realizadas no centro da cidade, co que os bordes e o novo pavimento da Alameda de Suárez Llanos serán de granito. Ademais, no transcurso dos traballos, o Concello procederá á renovación do sistema de recollida de augas pluviais e da rede de drenaxe da zona.

O alcalde fixo asemade especial fincapé no parque infantil que se reformará xunto coa humanización. O recinto para os máis pequenos contará con cinco unidades de xogos para o gozo dos nenos e nenas.

Tras a finalización dos traballos, a praza contará cun total de 21 farois e 11 bancos. Igualmente se manterá o quiosco de prensa e os 39 árbores presentes na Alameda, todos eles do tipo plátano de sombra ("platanus hispanica"). O alcalde manifestou a súa intención de aumentar o número de árbores e ampliar as zonas verdes do lugar.

O que vaise modificar, segundo explicou Abel Caballero, é a posición da parada de taxis, que pasa á esquina da sucursal da entidade bancaria Caixanova. O tráfico, pola súa banda, non presentará modificacións substanciais durante os catro meses que durarán as reformas.
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com