Inicio > Otros ayuntamientos > Vigo

Un libro da conta da transformación de Vigo no pasado século

por VM - 02/07/2008
 
A nova sede viguesa da Deputación foi o escenario elixido para presentar o libro. REMITIDA

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a vicepresidenta, Corina Porro, presentaron onte na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo o libro 'Vigo, da antiga cidade amurallada ó casco vello actual', de Alejandro Martínez García, que fixo unha pormenorizada análise do seu traballo.

A publicación, que foi editada pola institución provincial, da conta dos atractivos e encantos da cidade amurallada que Vigo foi ata hai pouco máis dun século, coas súas sinxelas casas mariñeiras, as vivendas burguesas de dous ou máis pisos e as casas brasonadas coas armas de familias poderosas e terratenentes.

Segundo o autor, este conxunto danouse ó longo do tempo pero ainda quedan maravillas para conservar e restaurar. "O libro está enfocado hacia ese obxectivo: o de que, antes de realizar cualquer tipo de intervención sobre o casco vello, é preciso conocer a súa conformación arquitectónica, constructiva e urbanística a través da súa historia e ata os nosos días", dixo.

O libro estructúrase en sete capítulos: os tres primeiros describen cómo os factores históricos, económicos e orográficos determinaron a situación, conformación e desenvolvemento de Vigo. O cuarto capítulo describe os diversos pasos evolutivos, tanto urbanísticos como sociais, que levaron ó casco vello á súa situación actual. E o quinto, expón as tipoloxías arquitectónicas e estilos constructivos do casco vello así como as principais 'desfeitas' levadas a cabo.

Nos capítulos sexto e séptimo expóñense varios exemplos de intervención que se realizaron no casco vello por iniciativa do programa Urban, a través do Concello de Vigo. O sexto describe as solucións practicadas no casco vello. E o séptimo describe e desenvolve unha selección das cinco vivendas representativas, dentro do total das 47 intervencións efectuadas.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com