|
|
O alcalde visitará San Miguel de Oia para atender ás reclamacións dos seus veciños |
|
|
| por Vm - 12/05/2008 | | |  | | | | | A reunión, esta mañá. | | | | O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación de Veciños Centro Sociocultural San Miguel de Oia, no que trasladaron ao rexedor municipal as principais necesidades e carencias da zona.
As reclamacións fundamentais pasan pola instauración ou mellora das beirarrúas e o asfaltado, a iluminación e as marquesiñas da parroquia. Abel Caballero comprometeuse a visitar San Miguel de Oia para comprobar e revisar in situ cada unha das necesidades postas enriba da mesa polos veciños.
O alcalde xa avanzou que se levará a cabo a humanización da unión da praia de Canido coa rúa Arquitecto Cominges, coñecida como a estrada cortada. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 96 votos ¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?
|
|
|
|
|