Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

Un novo protocolo evitará a reapertura das rúas xa reformadas

por Vm - 13/05/2008
O alcalde, Abel Caballero, durante a roda de prensa.
O goberno aprobou onte en Xunta de Goberno Local a instauración dun protocolo de actuación nos proxectos de urbanización, que facilitará a coordinación entre os diferentes departamentos para evitar que sexa necesario abrir unha rúa que xa foi reformada recentemente.

Co protocolo disposto, e unha vez aprobado o proxecto, o inicio das obras unicamente poderá realizarse tras a firma da Acta de Comprobación de Replanteo, que inclúe un plan de seguridade e saúde, coa súa acta de aprobación correspondente, e un plan de control de calidade. Para a sinatura da Acta será necesario que estean presentes o Técnico da Xerencia de Urbanismo, o Técnico Supervisor Municipal, o promotor, o contratista, o Técnico Director das Obras e o Coordinador de Seguridade e Saúde.

Deste xeito, o protocolo establece as pautas de actuación e garante o visto bo de todos os departamentos implicados, evitando que unha obra rematada recentemente teña que ser aberta de novo ao faltar algún servizo o actuación.

Comisión de seguridade

A Xunta de Goberno aprobou asemade a constitución dunha Comisión de Seguridade para a protección do persoal e do material do Concello de Vigo. O alcalde asegurou a existencia dunha "lagoa moi importante" de seguridade no Edificio Consistorial, con denuncias de subtracción de material nalgúns departamentos.

Para solventar esta circunstancia, o goberno local decidiu crear unha Comisión, encabezada polo Concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, que estudará en profundidade a situación actual de seguridade do edificio, para elaborar unha proposta de medidas a adoptar para mellorar a situación. O seguinte paso será a posta en marcha das actuacións plantexadas e o seguimento do seu funcionamento. O alcalde asegurou que os expertos valorarán a posibilidade de instalar cámaras
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 80 votos
¿Considera que las fiestas de verano se adaptan a los gustos de los vigueses?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com