Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

Un novo sistema informático rematará coas colas na Lonxa do Concello

por Vm - 12/05/2008
As colas ocupan a lonxa do Concello.
Os vigueses xa non terán que gardar colas de pé para realizar as súas xestións la lonxa do Concello. O goberno local ven de aprobar a adxudicación dun sistema informático que permitirá aos cidadáns obter o seu número personalizado para cada servizo municipal.

O novo sistema, adxudicado por un valor de 14.534 euros, conta cun monitor táctil de 17 pulgadas no que o usuario fai a súa demanda de servizo, recibe o número correspondente á súa quenda e unha gran pantalla lle informa do momento no que lles toque. A xestión de espera, avanzou o alcalde, estará en funcionamento "en prazo inmediato".

Este equipamento operará para catro servizos: información, rexistro, estatística e outro máis que o Concello determine; aínda que pode ser ampliado ata os 30, co que cubrirá a sinalización de todos os puntos de atención da lonxa que precisen do dispositivo.

O alcalde, Abel Caballero, avanzou que o goberno, con esta medida, trata de reforzar o servizo nas xanelas de Padrón e Estatística, que asume na actualidade importantes colas. Ademais, o Concello recibiu 100 novos bancos para instalar na cidade, algúns dos cales se destinarán a aumentar os asentos na lonxa do Edificio Consistorial, salientou o alcalde.

Substitución da cuberta

O goberno local cambiará asemade, e por contratación de emerxencia, a cuberta da lonxa, obra cun orzamento de execución que ascende aos 137.560 euros. A substitución pasa pola desmontase da estrutura existente de placas de policarbonato, a colocación de perfilería de aluminio lacado branco e o acristalado en dobre vidro.

A obra durará aproximadamente dúas semanas, e rematará coas pingueiras que asolan a lonxa nos días de fortes choivas. O detonante foron as caídas o pasado 8 de maio, que fixeron necesaria a substitución urxente da cuberta
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 80 votos
¿Considera que las fiestas de verano se adaptan a los gustos de los vigueses?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com