|  | | | | | Marcador da calle PrÃncipe. | | | |
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Vigo quere chamar a atención sobre o mal estado dos marcadores emprazados no Concello e na rúa Príncipe que informan do número de mulleres mortas por violencia de xénero, así como da falla de actualización que sofren estes paneis, unha novidosa iniciativa do anterior goberno do Partido Popular con motivo da nova campaña institucional contra a violencia de xénero "Na violencia non hai tregua" para implicar á sociedade neste problema.
A concelleira Lucía Molares denuncia o lamentable estado que presentan estes marcadores, tanto o manual que se atopa na Praza do Rei coma o dixital emprazado na rúa Príncipe, o carón do museo MARCO, que ademais de marcar cifras distintas (o da praza do Rei 19 e o de Príncipe, 20), non están actualizados, posto que non reflicten o número de vítimas reais de violencia doméstica no que vai de ano, xa que ata o de agora son 25 as mulleres mortas, segundo datos do Observatorio estatal de Violencia sobre la Mujer.
Molares lembra que os marcadores instalados, xunto coas siluetas de cartón que representan a vítimas de violencia que hai na Lonxa do Concello, supoñen unha novidade na concienciación da poboación sobre a importancia da violencia de xénero, e non entende por qué este goberno, que se denomina "o goberno da xente" abandona este tipo de iniciativas.
Por iso, a concelleira do PP insta ao goberno local a arranxar estes soportes, actualizalos e a tomar as medidas oportunas para mentalizar á sociedade viguesa da lacra que supón a violencia de xénero. |