|
|
A duna e o paseo da praia de Rodas estarán acondicionados no verán de 2009 |
|
|
| por Vm - 08/05/2008 | | |  | | | | | Praia de Rodas. | | | | O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente do Parque Illlas Atlánticas, Manuel Vidal, mantiveron esta mañá un encontro no que revisaron todos os proxectos e actuacións pendentes nas Cíes.
A primeira foi a reparación do molle de Rodas, en situación "deficiente", segundo o alcalde, e a reforma do local sito no mesmo. Existe un acordo inicial alcanzado co propietario do local para recuperar a fábrica orixinal e o edificio no seu deseño orixinal.
Por outra banda, o paseo de entrada a Rodas pasará a estar situado detrás da duna e non a través dela, como ata o de agora. O obxectivo é que a duna ocupe o seu lugar orixinal. Este "proxecto medioambiental notable", en verbas do alcalde, iniciaría as obras de adaptación este setembro para que estea acondicionado no verán de 2009.
Asemade, Manuel Vidal e Abel Caballero trataron a rehabilitación da ponte de pedra que une as dúas partes da isla. O alcalde avanzou que quere encargar o novo deseño a "unha figura da arquitectura e o urbanismo de talla mundial", xa que o entorno privilexiado o xustificaría a pesar de ser unha obra pequena. Así o proporá Abel Caballero á Dirección Xeral de Costas, encargado de costear o proxecto, e á Consellaría e ao Ministerio de Medioambiente. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|