Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

O novo proxecto de telelectura via radio costará máis de 250.000 euros

por Vm - 07/05/2008
Caballero e Abelairas, esta mañá na presentación.
A empresa concesionaria da auga de Vigo, Aqualia, implantará en diversos puntos da cidade o sistema de Lectura Remota de Contadores. O acto inaugural contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, xunto co Director Territorial da concesionaria, José Luís Ibañez.

A Lectura Remota de Contadores consiste na colocación dun dispositivo unido ao contador do cliente que, vía radio, envía a lectura do contador a un software que, instantaneamente, rexistra os consumos realizados. Este innovador proxecto asegura a lectura sen necesidade de acceder ao contador e con total fiabilidade.

Trátase do proxecto destas características de maior envergadura de España e o máis innovador, que espertou o interese doutras empresas do sector no territorio nacional, como o Consorcio de Augas Gran Bilbao, que xa visitou recentemente a cidade para coñecer o sistema.

Caballero e Abelairas puideron comprobar o funcionamento deste "novo sistema que coloca a Vigo na vangarda do servizo de xestión de auga", en palabras do rexedor municipal.

Pola súa banda, José Luís Ibáñez resaltou o forte investimento que a compañía está a realizar en Vigo, máis de 250.000 euros. "Este innovador proxecto supón un gran avance para a xestión da toma de rexistros dos contadores da cidade. Trátase dunha implantación progresiva en tres ámbitos e zonas distintas da cidade, que representan o proxecto máis ambicioso do panorama nacional coa instalación de máis de 5.000 contadores", afirmou Ibáñez.

A maior infraestrutura

Aqualia, pertencente ao grupo FCC, é a empresa concesionaria da xestión integral da auga en Vigo desde 1991. Conta cunha rede de distribución de 1.027 Kilómetros na cidade e abastece a máis de 300.000 habitantes, o que a converte na maior infraestrutura de Galicia.

Na cidade de Vigo, Aqualia conta con empregados altamente cualificados nas diversas áreas para ofrecer a xestión integral de servizo público da auga.

Aqualia é a quinta compañía de xestión de auga do mundo. Actualmente atende a 23 millóns de habitantes, nos cinco continentes; En España está presente en máis de 850 municipios, con Delegacións Territoriais en Madrid, Sevilla, Barcelona, Vigo, Oviedo, Bilbao, Badaxoz, Lérida, Palma de Mallorca, Salamanca, Puerto de la Cruz, Toledo e Murcia. En 2007, foi elixida Mellor Compañía de Xestión da auga do ano en todo o mundo pola prestixiosa publicación internacional Global Water Intelligence, un recoñecemento que premia a súa evolución nos últimos anos e a súa traxectoria internacional. No exterior, conta con oficinas en Alxeria, Dubai, Lisboa, Méjico, Italia e República Checa.
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com