Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

Fernández Davila esixe ao Goberno que aprobe un Plan Director e outro de Usos para o Porto de Vigo

por Vm - 05/05/2008
Olaia Fernández Dávila, esta mañá na rueda de prensa.
A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Olalla Fernández Davila presentou esta mañá en rolda de prensa unha iniciativa na Cámara Baixa na que reclama ao Goberno Central que dote “de vez” ao Porto de Vigo dun Plan Director e outro de Utilización de Usos, “obrigatorios e pasos previos necesarios para acometer calquera ampliación”.

Davila subliñou que segundo o artigo 38 da Lei de Réxime Económico e Prestación de Servizos dos Portos de Interese Xeral “a ampliación ou realización de novas obras de infraestrutura que altere significativamente a súa configuración requiriría a previa aprobación do Plano Director de Infraestruturas do porto”. Asemade, salientou que a lexislación tamén obriga a redactar un Plano de Utilización dos Espazos Portuarios, así a definir as necesidades de cando menos 10 anos, a redacción dun estudo de impacto ambiental.

Neste sentido, a deputada do BNG considerou “sorprendente que a Autoridade Portuaria nos sorprenda periodicamente con propostas de ampliación do porto, de máis recheos na Ría, cando para acometer estas obras son obrigatorios un Plano Director e outro de Usos que a día de hoxe non existen”.

Ademais, Davila asegurou que “resulta incomprensible que un porto da importancia do de Vigo sexa o único dos cinco de interese xeral do Estado en Galicia que non conta cun Plano de Utilización de Usos”, a pesar de que ten sido reclamado por representantes de entidades cidadás e representantes políticos da cidade.

Neste senso, criticou que o Proxecto de Plano de Usos e Espazos Portuarios presentado a finais de 2006 “non pasou da fase de alegacións e neste momento descoñecemos a súa situación administrativa”. Por iso, Davila considerou “pouco serio que os novos responsábeis políticos do Porto de Vigo volvan a anunciar, unha vez máis, proxectos de ampliación”.

A deputada do BNG pedíulle explicacións ao Goberno pola ausencia dun Plano de Utilización de Usos Portuarios do Porto de Vigo, que xa teñen todos os restantes portos de interese xeral do estado en Galiza.

Tamén solicitou unha explicación pola “estraña situación de que a Autoridade Portuaria de Vigo estea a anunciar proxectos de ampliación cando non se conta cun Plano Director, obrigatorio para a ampliación ou para calquera obra de infraestrutura que altere significativamente a configuración do porto”.

Ademais, Davila pregúntouse “Se non existe un Plano de Usos, ¿como se poden avaliar as necesidades para considerar necesaria a ampliación do porto?”.

Por último, e entre outras cuestións, a parlamentaria nacionalista solicítalle ao Goberno que aclare se contempla a posibilidade de levar a cabo e executar proxectos de ampliación do Porto de Vigo sen que esta infraestrutura dispoña dos correspondentes Plan de Usos e Director que a lei establece como preceptivos”.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com